En Feminino Singular
Saúde mental: María Tajes e Dolores Mosquera
25/06/2023 12:00 h
Esta semana ‘En feminino singular’ céntrase en dúas mulleres que son especialistas en sáude mental. Coñecemos a María Tajes, psiquiatra e actualmente xefa de servizo de saúde mental da Consellería de sanidade. Dende a administración pública coordina os diferentes recursos existentes na nosa comunidade autónoma para promocionar e garantir unha boa atención sanitaria ás persoas con doenzas mentais.
Dolores Mosquera, psicóloga especializada en trastornos da personalidade e en casos complexos, insiste na necesidade de valorar a importancia da saúde mental tanto como a saúde física para ter unha boa calidade de vida e tomar as decisións correctas no noso día a día.