CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Amsterdam, Miami, Milán e en Madrid con Pepe Domingo Castaño

14/06/2016 22:30 h

“O país máis grande do mundo” viaxará está semana a Ámsterdam para coñecer a Gonzalo, un novísimo emprendedor que, con só 22 anos, xa triunfa empresarialmente coa súa marca dedicada ás bicicletas de segunda man.
Pola súa parte, Aida Bao coñecerá en Miami a Luís, un galego do Saviñao, que traballa na zona financeira da capital do Estado da Florida.
En Madrid, Elena Mareque contará a historia dunha foto fantástica. Nela o viveirense Manuel Amor e os seus irmáns aparecen como banda de acompañamento de Rocío Durcal nos anos 70.

En Milán agardará Pablo, un deseñador de interiores que vive alí co seu mozo italiano.

Ademais, o presentador de “O país máis grande do mundo”, Rodrigo Vázquez, viaxará ata Madrid para coñecer o grandísimo Pepe Domingo Castaño.

Atopar capítulo por: