Zigzag diario
Emilio José, ISANDA, “Let’s Have a Party” e Palito
O cantante e artista “pop experimental” Emilio José, que acaba de sacar ao mercado o seu primeiro disco desde que comezou a súa carreira en solitario no ano 2009, asistirá hoxe ao “ZigZag Diario” para falar deste traballo composto por tres álbums e no que hai temas moi diversos.
Tamén o grupo ISANDA está de estrea. O grupo presentará en Pontevedra o seu novo disco nun concerto na sala Karma e, co gallo deste estreado traballo, o equipo do “ZigZag Diario” conversará con eles.
Moncho Lemos traerá amais ao programa unha proposta de música revival. A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá este venres o festival “Let’s Have a Party”, un evento en que os asistentes poderán gozar das décadas dos 70, 80 e 90. E tamén nesta edición contarase coa estrea do novo vídeo musical da cantante Palito.