CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Eloy Domínguez Serén / Os documentais "VidaExtra" e “Uxío Novoneyra / Poeta alén"

27/06/2013

Entrevista ao cineasta Eloy Domínguez Serén, quen tras varias colaboracións como crítico de cine na Radio Galega ou como xurado novo internacional na 67 edición da Mostra de Venecia, dános a coñecer o seu documental, “Fillos de Sansón”. Eloy, que está a traballar en Suecia, explica cales son os seus próximos proxectos e como será a presentación da súa última obra, “Acto de Inverno”, no Perú.

Presentación da ópera prima de Ramiro Ledo, “VidaExtra”, un documental non exento de autocrítica que describe á perfección o desencanto da xuventude coa época en que lles tocou vivir.

O documental  “Uxío Novoneyra / Poeta alén”, realizado por Iván López Gimeno, relata e describe a vida do escritor do Courel. O filme mestura o relato da vida do autor coas visións que sobre el dan personalidades como Xosé Manuel Beiras, César Antonio Molina, Anxo Lourenzo ou Xosé Luís Méndez Ferrín. Este documental tamén foi candidato aos Premios Mestre Mateo e contou coa colaboración da familia do poeta.

Na sección “A que andas?” do Festival de Cans, 5 persoeiros do audiovisual galego debaten e expoñen o futuro ao que se enfronta o sector en Galicia.

Atopar capítulo por: