CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Eloi Caldeiro, Pandoé, Imaxinasons de Vigo e Carla Bruni

21/06/2017 21:00 h

“ZigZag Diario” falará cun artista histórico, Eloi Caldeiro, que estará no estudio de gravación celebrando a volta de Brath, formación que foi pioneira na fusión de ritmos e instrumentos.
O espazo da tvG2 tamén se achegará este mércores á nova proposta de Pandoé, que presenta “Coriqui”, un traballo editado dentro do colectivo Arepa. 
Ademais, “ZigZag Diario” achegarase aos pianos que soarán no Imaxinasons de Vigo, que entre o 30 de xuño e o 8 de xullo traerá á cidade o talento do jazz europeo, e rescatará a voz da francesa Carla Bruni, que agora anuncia disco de versións de cancións en inglés.

Atopar capítulo por: