Zigzag diario
Eli Ríos, escritora, gañadora do Premio Torrente Ballester
02/10/2017 16:30 h
Eli Ríos fala da súa novela 'Luns', gañadora do Premio Torrente Ballester. A escritora fai un duro retrato da vida dunha muller enferma de cancro. A súa prosa debuxa unha loita frenética e visceral contra o avance inexorable da morte. Nesta tensión, a protagonista revisa non só as razóns da súa existencia, senón tamén a súa condición de muller.