CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Elena Gallego / Guadi Galego / "A Esmorga" / Xosé Manuel Peña Romay / Curtametraxes: “Equilibrium” e “Agua”

23/11/2014 00:45 h

A revista cultural semanal “ZigZag-Eirado” recibirá esta noite a visita da escritora e xornalista Elena Gallego, autora da triloxía fantástica “Dragal”, un dos fenómenos editoriais máis importantes dos últimos anos. Gallego falará das novidades relacionadas coa saga literaria do último dragón galego, que está a ser traducida a outras linguas, entre elas o catalán, que saltará axiña ás pantallas e a distintos soportes multimedia e que terá continuidade cunha vindeira novela.

Como é habitual, no programa deste sábado falarase de música e de cine, cos temas destacados do novo disco de Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega, que a semana que vén verá no mercado o seu segundo traballo en solitario, titulado “Lúas de outubro e agosto”; e da chegada ás salas de cine de toda Galicia da película “A Esmorga”, a adaptación cinematográfica, a cargo de Ignacio Vilar, da borracheira máis famosa da literatura galega.

Por outro lado, o espazo presentado por Tino Santiago visitará o estudio do pintor lugués Xosé Manuel Peña Romay, un artista autodidacta dedicado de cheo á súa gran paixón, que plasma en debuxos, pinturas e gravados moi expresivos en que recrea a paisaxe urbana contemporánea a a figuración.

Ademais, “ZigZag-Eirado” ofrecerá hoxe, de xeito íntegro, dúas curtametraxes dos animadores Tomás Conde e Virxina Curiá, unha parella de creadores que levan 20 anos traballando neste campo. Os espectadores poderán ver “Equilibrium” e “Agua”, dous traballos en animación stop motion que teñen un forte compoñente didáctico sobre eses pequenos xestos da vida cotiá que axudan a un desenvolvemento sostible.

Atopar capítulo por: