CRTVG

Buscar

Zigzag diario

"El arte en el cómic", "O Pássaro e o Elefante" e "Bastións"

26/09/2017 16:30 h

“Zigzag” recibe hoxe a visita de Asier Mensuro, comisario de “El arte en el cómic”, exposición en que algúns dos mellores historietistas e ilustradores contemporáneos amosan a súa paixón pola historia da pintura.
O espazo da tvG2 tamén falará con Miguel Vieira Baptista, un dos deseñadores máis notables de Portugal, que presenta na Fundación Didac de Santiago a serie “O Pássaro e o Elefante”.
Ademais, “Zigzag” visitará na Igrexa da Universidade de Santiago “Bastións”, a primeira exposición do escultor e escenógrafo José Perozo.

Atopar capítulo por: