CRTVG

Buscar

Doutor en Galicia

Programa 11

29/06/2021 11:30 h

Inés Fernández é enfermeira da Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo. Con ela coñeceremos como é unha consulta nesta área na que se utilizan bicicletas e cintas de correr e ademais tamén coñeceremos o seu lado máis festivo, pois tocaranos coa súa pandeireta unha peza de música.

No CHUO (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ) agárdanos Xoán Miguéns Vázquez, médico especialista en rehabilitación. Con el descubriremos algúns proxectos innovadores que están a desenvolver como é a sala de estimulación ou o parque saudable na azotea do hospital.

Viaxaremos ata Lugo, onde nos espera José Luís Durán, cirurxián vascular no Hospital Universitario Lucus Augusti, ademais de escritor. Con el entraremos no quirófano onde pasa a maior parte do tempo e coñeceremos algunhas anécdotas que marcaron a súa vida profesional.

Visitaremos o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde Carmen Diego, neumóloga, nos amosará como son as consultas de pneumoloxía e como se fan as temibles broncoscopias.

Manuel Ruibal Moldes, xefe do servizo de uroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Con el veremos o quirófano onde realiza as intervencións e o seu despacho e as vistas das que goza a planta de uroloxía.

Atopar capítulo por: