CRTVG

Buscar

Estache bo!

Dous petiscos con patacas Kennebec

11/10/2021 19:50 h

O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Adrián, de Patacas Eiras en Castroverde, para recoller o produto estrela de hoxe: as patacas "kennebec". Ademais o noso chef Xoanqui Ameixeiras fará esta deliciosa receita de dous petiscos con patacas "Kennbec" cunha pequena axuda da súa veciña, Isa Villanueva.

Ingredientes:

Para as patacas machucadas:

- 3 patacas

- 1/2 cunca de aceite de oliva

- 1 culler de vinagre

- 1 culleriña de pemento doce e picante

- 1 culleriña de romeu seco

- 1 culleriña de tomiño seco

- Sal e pementa

Para as patacas recheas de anchoas:

- 4 patacas

- 1 conserva de anchoas en aceite

- 60 gr. de manteiga

- 1 ovo e a xema de dous

- Sal e pementa

 

Elaboración:

E petiscamos con patacas! Por unha banda, cortamos as patacas pola metade e machucámolas cun garfo. Cubrímolas cun adobo feito con aceite de oliva, vinagre, pemento doce e picante, romeu, tomiño, perexil, sal e pementa.

Por outra banda, nunha tarteira secamos as patacas feitas puré. Engadimos a manteiga, salpementamos e fóra do lume, incorporamos os ovos. Mesturamos ben e metemos dentro dunha manga pasteleira.

Facemos os pasteis de pataca coa anchoa dentro, e enfornamos xunto coas outras patacas durante uns 15 minutos a 200 graos. Empratamos e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: