Estache bo!
Dourada con mexillóns e salsa romesco
04/12/2023 13:10 h
Dourada con mexillóns e salsa romesco é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós.
Ademais, contamos coa presenza de Velusa Carvalho, a veciña do noso cociñeiro, que nos vai ensinar un novo 'veciconsello'.