CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Doces do Entroido

05/02/2015 22:45 h

        O programa ofrece un anticipo gastronómico do Entroido. Para iso, as cámaras do programa visitan as tres vilas do “triángulo máxico” do Entroido ourensán: Xinzo, Laza e Verín, para dar testemuña dos doces máis típicos, que tanto veciños coma visitantes degustan durante estes días de festa.

        Para comezar, a reporteira do programa, Inma Morandeira, visita dúas pastelarías, unha en Laza e outra en Verín, para ver como se fan as bicas con máis sona da temporada de Entroido. Na confeitería Las Titas de Verín, Inma non perde detalle de como Sabela prepara desde hai moitas xeracións a bica do cigarrón. E en A Casa das Bicas, da vila veciña de Laza, Lidia elabora a bica branca, un doce moi arraigado nesta vila e, sobre todo, nestas datas.

        Pola súa parte, Churra tampouco quixo perderse a riqueza gastronómica destas festas. Para iso, viaxa ata Xinzo de Limia para preparar xunto a Chari, da confeitería El Pombal, a famosa bica da pantalla e unhas saborosas orellas de Entroido. 

        E, para rematar, coñecemos de preto o traballo de moitos artesáns e modistas que cada ano elaboran as máscaras e os traxes de peliqueiros, cigarróns e pantallas. 

Atopar capítulo por: