CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Diego González Valeiras, Manuel Quintana Martelo e Christian Villamide

09/02/2016 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” convida hoxe ao estudio de gravación a un dos bolseiros, na modalidade de creación, do Consello da Cultura Galega, o escenográfo Diego González Valeiras. Esta bolsa incluía unha estadía de tres meses na Casa de Velázquez de Madrid, unha asociación hispano francesa. O proxecto que desenvolveu durante este tempo é a creación da escenografía e os figurinos de “Os reloxos preguiceiros de Néboa”, de Xavier Lama.  Avanzando nas tendencias galegas, hoxe o equipo deste programa cultural trae tamén unha reportaxe sobre Manuel Quintana Martelo. Este artista expón no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense a súa obra de carácter individual. Despois de case 50 anos de mostras, esta é a primeira en que o artista expón el só na cidade das Burgas.
Por outra banda, o espazo da tvG2 tamén presentará outra reportaxe desde a Bus Station Space de Santiago. Alí está ata mediados de febreiro o traballo máis recente do artista conceptual e multidisciplinar Christian Villamide. Este lugués propón unha ollada introspectiva á paisaxe, empregando nesta ocasión diversos materiais e técnicas. 

Atopar capítulo por: