CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Diego Giráldez, Carlos Meixide e actos co gallo do centenario de Camilo José Cela

27/06/2016 21:00 h

“ZigZag Diario” faise eco do debut literario do porriñés Diego Giráldez, que se presenta ao público coa colección de contos breves “Galería de Saldos”. 
O espazo da tvG2 tamén conversará co humorista, escritor e xornalista Carlos Meixide, que presenta a novela autoeditada “Inge e Robbie”, onde narra as vivencias dunha parella de turistas holandeses que veñen a Santiago para solucionaren os seus problemas persoais.
Ademais, “ZigZag Diario” ofrecerá unha reportaxe sobre algunhas das actividades coas que se celebra este ano o centenario do Premio Nobel Camilo José Cela e que supoñen unha aproximación ao Cela total: poeta, pintor, camiñante, gastrónomo ou senador.

Atopar capítulo por: