Zigzag diario
Día internacional da Danza: Caterina Varela, Janet Novás, "3 Solos de Danza" e "Latente"
29/04/2016 21:00 h
A danza é unha desas artes e, co gallo da conmemoración hoxe do Día Internacional da Danza, vén como convidada ao estudio de gravación a coreógrafa e bailarina Caterina Varela, da compañía galega La Macana.
Sen saír da temática, hoxe destacan dúas reportaxes con Janet Novás e cos protagonistas do programa “3 Solos de Danza”, co que se celebra o 175 aniversario do Teatro Principal de Santiago.
Tampouco faltarán as recomendacións de danza en vivo, entre as que salientan “Latente”, de Paula Quintana, un proxecto de danza e teatro cuxo obxectivo é achegar o ser humano ao ser humano.