Especial
Día do Carme 2018
Nosa Señora do Monte Carmelo, coñecida popularmente como Virxe do Carme, é unha das santas máis arraigadas e con máis tradición de toda Galicia. Non só é patroa de cidades, vilas, parroquias, aldeas ou lugares. A Virxe do Carme é tamén a patroa do mar e, por ende, a patroa de todos os homes da mar: os mariñeiros que saen faenar na busca do peixe e os mariños que integran a Armada Española.
Esta advocación, en que se festexa tamén o día de todas as Carmes, Carmelas ou Carmelos, celebra a súa onomástica o día 16 de xullo e, con este motivo, toda a Galicia é unha festa. Desde Ribadeo, nos límites co Principado de Asturias, ata A Guarda, lindando xa con Portugal, toda a costa galega se bota ao mar para homenaxear a súa patroa.Este especial en directo, presentado por Lucía Rodríguez,recoll4e todas as celebracións acontecidas en Galicia durante este día.
O equipo do programa está presente en toda a costa galega. Na Mariña, vive de preto o fervor que envolve os festexos de Foz. Nas Rías Altas, visita as localidades de Cariño e Camariñas, con senlleiras procesións marítimo-terrestres, que destacan polas súas danzas gremiais e de arcos. E, xa nas Rías Baixas, participa da festa que caracteriza as vilas de Cabo de Cruz, en Boiro, e de Aguiño, en Ribeira, onde mesturan a parte relixiosa e lúdica de xeito inigualable.