CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Día das Artes Galegas, Play-Doc de Tui, Silvia Penide e Carlos Childe

03/04/2016 00:45 h

A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu dedicarlle este ano o Día das Artes Galegas a Castelao, unha figura da nosa literatura que tamén tivo una carreira artística coma debuxante, teórico e caricaturista. Co gallo dos actos de celebración, o director da Academia, Manuel Quintana Martelo, virá hoxe ao “ZigZag-Eirado” para comentar, entre outras cousas, os plans que teñen previstos para esta homenaxe. 
“Où est la jungle?” (“Onde está a xungla?”) é o título do documental que trae esta noite o equipo para a sección de cine e que está presente no festival Play-Doc de Tui. O director é Iván Castiñeiras e nel fala dos cambios que se producen nos lugares a través do camiño que segue o seu protagonista. Ademais deste documental, o programa falará dos filmes “Nuestra Hermana Pequeña”, do xaponés Hirokazu Koreeda, e “Hitchcock/Truffaut”, do estadounidense Kent Jones 
No apartado da música, a proposta para esta fin de semana son dúas reportaxes sobre os grupos de rock Chicharrón e Drama, procedentes de Carballo e Vigo respectivamente. Neste bloque de músicas, “Zig-Zag Eirado” presentará tamén un novo vídeo musical da cantante Silvia Penide. Pola súa parte, Moncho Lemos falará do bluesman galego Carlos Childe, rebautizado nos últimos anos como “a voz negra de Galicia”. 

Atopar capítulo por: