CRTVG

Buscar

Especial

Día da nai

03/05/2015 15:30 h

A Televisión de Galicia ofrecerá esta tarde o programa “Especial Día da Nai”, un proxecto en formato documental en que seis nais serán sorprendidas con mensaxes de amor e agradecemento polos seus fillos. As nais homenaxeadas serán chamadas para ver e opinar sobre uns novos debuxos animados, pero o que non saben é que no cuarto contiguo están os seus fillos preparados para contar a relación con elas e dedicarlles unhas bonitas palabras.

Os protagonistas deste especial teñen idades comprendidas entre os 10 e os 82 anos e os relatos que hoxe escoitarán os espectadores da TVG serán contados de diferentes xeitos, pero cun denominador común: un amor incondicional ás nais e unha sensación de gratitude absoluta.

Así, unha muller que acaba de ser nai pediralle desculpas á súa proxenitora polos seus rebeldes anos de xuventude e agradeceralle o moito que a está apoiando agora; un mozo con discapacidade dedicaralle unhas fermosas palabras de admiración á súa nai polo seu esforzo para atendelo; e dous xemelgos farán o propio coa muller que os trouxo ao mundo.

Ademais, un mozo falará da súa infancia, que lembra con gran agarimo grazas á súa nai; unha moza agradeceralle á muller máis importante da súa vida o apoio que recibiu nos malos momentos pasados; e o último dos protagonistas falará con orgullo da súa “típica nai galega”.

Atopar capítulo por: