Desexos cumpridos
Desexos cumpridos
05/10/2013
Na súa estrea, o novo programa da Galega contará esta noite cun reencontro familiar moi agardado ao longo do tempo polos seus protagonistas; coa homenaxe dunha nai a un fillo que acaba de sufrir a dura perda do pai; coa colaboración dos compoñentes do Celta de Vigo, que farán felices a nenos e maiores; e cun famoso e queridísimo presentador da TVG, que é quen de arrebatar risas, bo humor e emocións a unha avoa que deu e dá todo polos seus netos.