CRTVG

Buscar

Desexo concedido

Marco e Nicolás, Antonio e Iago

22/05/2022 19:30 h

Esta semana Isabel Blanco ten preparada unha gran sorpresa para o pequeno Marco e o seu irmán Nicolás. A súa nai quere agradecerlles o apoio que lle brindan cada día logo de pasar por unha separación complicada, e que coñezan o seu ídolo, o xogador do Celta Brais Méndez.

O amor que sente Antonio, veciño de Nogueira de Miño e sancristán da súa igrexa, é o máis parecido ao amor que sente un pai polos seus fillos. Practicamente rehabilitado, a este templo do século XII só lle falta que alguén se faga cargo da iluminación, algo moi custoso que os veciños desta parroquia non se poden permitir.

Por último, viaxamos dende Lugo ata Madrid con Iago e a súa familia. Esta vez é o fillo o que quere agradecer ao seu pai todo o apoio e a complicidade que ten pola súa parte desde pequerrecho, facendo realidade o seu desexo de pilotar un fórmula 1 no circuíto do Jarama. Benvidos a ‘Desexo concedido’.

Atopar capítulo por: