Desertores do asfalto
Redes (Ares)
17/09/2022 18:30 h
Redes é unha antiga e pequena aldea de pescadores que conserva na actualidade toda arquitectura mariñeira tradicional. En Galicia é coñecida porque alí se filmou "Padre Casares" e polo seu atractivo turístico. Existe unha frase común que di: En Ares non te pares, en Redes non te quedes e en Caamouco para pouco.
Cris, catalana que volveu á aldea dos seus avós; Companioni, fotógrafo que soñaba desde pequeno en vivir en Redes; Rocío, unha moza que non pensa moverse de Caamouco e Dani, xornalista e presidente da Asociación Instrutiva Caamouco serán os protagonistas de hoxe e demostrarán que en Caamouco hai que parar e en Redes quedar.