CRTVG

Buscar

Desertores do asfalto

Covelo

03/09/2022 19:40 h

Covelo é un concello da comarca da Paradanta. A uruguaya Isabel, no lugar de Piñeiro de Areas, contaranos todos os proxectos que impulsa para repoboar o lugar de orixe da súa familia. Alí coñeceremos a Bechina, o xefe de obras voluntario que axuda no seu soño e a Miguel, un desertor que chegou a Covelo percorrendo estradas baleiras en pleno confinamento.

Tamén pasearemos xunto ao fermoso río Xabriña con Julio, biólogo, fotógrafo e guía da natureza. Por último, gozaremos dunha visita ao museo da cera en Montes Paraños, onde se conserva e amosa a importancia do oficio dos cereiros nesta terra tan acolledora.

Atopar capítulo por: