Desertores do asfalto
Vilar de Santos
27/08/2022 18:30 h
Hoxe viaxamos ata Vilar de Santos, na comarca da Limia, un concello declarado reserva da biosfera pola UNESCO. Estaremos na sala de concertos "Arca da Noe" coa súa impulsora e antes coñeceremos o proxecto de "Carabuñas". Rocío Barrio parará nos "supermercados Aldo" para coñecer como se fan os chourizos máis viaxados do mundo e, para finalizar a xornada, coñeceremos á deseñadora Mercedes Vieites e o seu proxecto "Lumecú".