CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde as Festas da Mercé de Poio

26/09/2016 22:30 h

O equipo de “Vaia Troula” achegarase esta noite ata o concello de Poio, á beira da Ría de Pontevedra, para asistir á Festa das Mercedes. Nieves Rodríguez encárgase cada semana de amosarlles aos espectadores as mellores festividades de toda Galicia e, desta volta, será testemuña da procesión nocturna que se celebra nesta localidade na honra da Virxe das Mercedes.
Pola súa parte, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Bergondo, que comeza a súa tradicional Festa das Dores de Cortiñán cunha gran churrascada. Belén Vara achegaráse ata a localidade pontevedresa da Guarda para pasar unha noite de troula na súa Festa da Zorza. E María Blanco viaxará ata Corrubedo, no concello de Ribeira, onde se celebra o Día de Santa Tegra cunha fermosa procesión e con xolda a esgalla. 
As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Romaría de San Adrián de Verdes de Coristanco, na Festa de San Roque de Corvillón en Cambados, na Romaría de Santa Minia de Brión e na Festa da Mercé de Chanteiro, en Ares.
A Romaría dos Milagres de Bandoxa, en Oza-Cesuras, e a Festa dos Remedios de Corme, en Ponteceso, completan o menú trouleiro do programa deste luns.

Atopar capítulo por: