CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Desde A Pobra de Trives

10/11/2018 16:00 h

O equipo do “Aquí Galicia”, con Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes á fronte, desprázase hoxe á Pobra de Trives para facer partícipes os espectadores da gran festa do magosto que organiza o concello desta localidade ourensá, onde, ademais de seren protagonistas as castañas e os chourizos, hai moitas actividades preparadas. 
Desde o patio de biblioteca e museo de santa Leonor, coñecerase a destacada contorna da zona cunha ruta ata os miradoiros de Pena Folenche e Navea, o souto de Vilanova ou o castiñeiro de Pombairiños. Realizará tamén unha visita polos lugares máis destacados do seu patrimonio coma o antigo Casino, a Casa Grande, a Torre do Reloxo e a ponte romana. Seguindo de turismo, o “Aquí Galicia” descubrirá as casas de turismo rural que hai dispoñibles en Trives e as instalacións da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, a punto de abrir ao público na próxima ponte da Constitución. 

Atopar capítulo por: