CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde a Festa de San Froilán en Lugo

09/10/2016 23:30 h

No último programa da temporada, “Vaia Troula” viaxa ata Lugo para celebrar a festa de San Froilán. Nieves Rodríguez asistea desfiles de gando, música de bandas e charangas e polbo á feira para todos.

Ariadna Leis vai ata o concello ourensán de Viana do Bolo para participar na Festa da Vendima de Punxeiro, unha troula das que fan época. María Blanco achégase á parroquia de San Andrés de Comesaña, en Vigo, onde celebran por segundo ano consecutivo unha divertida Festa Castrexa chea de orixinais xogos.

A reporteira Belén Vara viaxa ao concello do Grove para vivir a multitudinaria Festa do Marisco, todo un paraíso para os trouleiros máis larpeiros. 

As cámaras de “Vaia Troula” tamén están presentes na Festa da Virxe do Rosario da Coruña, na Exaltación da Mazá e da Sidra da parroquia de Santo Tomé de Piñeiro (Marín), na gran churrascada de Vilar, en Crecente, e na Festa do Caracol de Cotobade. A Festa da Manta de Ponteareas, a Exaltación do Polbo á Feira de Ordes e a Festa da Carne de Poldro de Oia completan o menú trouleiro para o programa deste domingo, que, coma sempre, ofrecerá tamén as actuacións das mellores orquestras e grupos de Galicia.

 

Atopar capítulo por: