Documental
O Antropoceno na casa: Desde a Antártida a Galicia
"O Antropoceno na casa: unha ollada o cambio climático" é un documental escrito e dirixido para TVG por Valentín Carrera, o único xornalista que participou dúas veces nas campañas españolas na Antártida: hai trinta anos, na primeira expedición, no verán 1986/87, e recentemente, na XXX Expedición Científica, coa que conviviu durante cinco longos meses nos mares de xeo. Por qué falar do Cambio Climático e por qué desde Galicia? Aínda que hai negacionistas, ao estilo do presidente americano Trump e outros, as evidencias do cambio climático son aceptadas amplamente na comunidade científica. Falamos de "efecto bolboreta" porque, como se explicará visualmente, todo o que pasa en Galicia repercute na Antártida e todo o que está a pasar na Antártida ten efectos en Galicia. "Todo está relacionado", dicía o gran humanista Alexander von Humboldt, aínda que estea, como Vigo e Illa Decepción, a catorce mil quilómetros de distancia. Dende hai anos, en Galicia temos un amplo e moi cualificado grupo de científicos galegos traballando na Antártida -mesmo, agora, nestes días- e no cambio climático, con presenza recoñecida en foros internacionais, con participación interdisciplinar. Trátase, por tanto, de por en valor o traballo dos científicos galegos e pedirlles que nos axuden, a comprender os fenómenos do cambio climático, o quecemento global, a contaminación de CO2 e tantos outros feitos novedosos e as veces estranos, que nos preocupan a todos: hai cada ano menos polbo e menos sardiñas? menos días de xeadas e máis días saharianos? adiántase a primavera e xa non marchan as aves migratorias? aparecen especies tropicais nas rías galegas? qué está a pasar...? É tempo de dar respostas a moitas preguntas sobre o impacto humano na Terra (o chamado Antropoceno) e o efecto búmerang que a terra nos vai devolver. O autor do guión e fío condutor dos documentais é Valentín Carrera, cunha longa traxectoria como realizador no audiovisual galego "con máis de cen producións de series e documentais", e autor de dous libros sobre as expedicións científicas españolas -"Viaje a los mares de la Antártida" e o recente "La aventura de la Ciencia en la Antártida", publicado en 2017 polo MINEICO (Ministerio de Economía, Industria e Competitividade). Estamos pois a falar de dúas pezas de divulgación científica, dende o rigor e a obxectividade dos investigadores e investigadoras participantes, e de máxima actualidade. O relato da investigación climática na Antártica inclúe tamén a aventura humana, moitas horas de navegación e traballo duro no campo ou nos laboratorios de fortuna.