Momentos G
Descubrimos a biodiversidade galega da man de Mandeo Natura
27/02/2021 13:52 h
A natureza, as nosas paisaxes, o ecosistema galego é algo que temos aquí, moi preto, pero que non sempre nos paramos a apreciar. Amantes desta biodiversidade, a nosa, a do resto de España, e a de todo o mundo son os integrantes dunha produtora audiovisual galega, Mandeo Records, que acaba de iniciar a súa aventura naturalista a través de Mandeo Natura. Hoxe temos con nós un dos seus responsables, Daniel López.