CRTVG

Buscar

Momentos G

Décimo aniversario do observatorio de Forcarei mesturando arte e ciencia

28/12/2019 13:10 h

Ciencia e arte... como pensan que se poden complementar estes dous conceptos? Ou son dos que cren que se trata de polos opostos? Se este é o seu caso, hoxe imos desmontarlles esta idea.

Para comezar, imos falar dunha mostra que se puido ver ata onte no concello de Forcarei como ramo aos actos que se celebraron alí para conmemorar o décimo aniversario da apertura ao público do seu observatorio. Uns actos en que estivo moi presente Ana Ulla, astrofísica da Universidade de Vigo e coordinadora desa mostra chamada O universo cotián.

Atopar capítulo por: