Momentos G
Debate sobre os produtos das máquinas automáticas
19/10/2019 14:05 h
Por exemplo, ese pan galego feito ao xeito tradicional, poderíase vender a través do vending? Estas máquinas expendedoras son xa un elemento máis das nosas cidades e vilas, e do noso día a día. Están presentes en centros de traballo, hospitais, colexios, estacións e cada vez en máis rúas. Pero como valoramos o que nos ofrecen? Moitos acúsanas de promover a obesidade con produtos non saudables, pero é certo que se comezan a ver froitas ou alimentos libres de graxa ou azucre. É un debate que está na rúa e ao que hoxe lle imos dar voz nesta Revista a través de Estefanía Dans, nutricionista, e de Antonio Correa, que traballa nunha empresa de vending.