Bamboleo
Programa 89
16/05/2015 22:00 h
O programa recibe a visita do cantante David DeMaría, que, 18 anos despois de comezar a súa carreira artística, é un dos autores máis respectados no idioma español. O artista gaditano interpreta temas do seu último disco, “Otras vidas”, un traballo co que volve ás súas raíces, pero cunha grande evolución na produción e con sons renovados e actuais. Músico e compositor infatigable, anunciou xa novo álbum para este 2015. Tamén actúan a cantante viguesa Mariana e a orquestra Pontevedra.
Nas seccións habituais do programa, “Agora ou Nunca”, amosa o potencial artístico de Ariadna Muinho, co tema “I am a believer”, de Smash Mouth; e de David Gallego, que interpreta “La Falca”, de Jarabe de Palo. En “Canción dedicada”, Pepita e José, de Mos, contan a súa historia sentimental; mentres na “ITV do amor”, o público ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas.
Ademais, persoas do público compiten cantando con karaoke en “A Jrileira”; os colaboradores do programa afrontan os retos máis difíciles en “O tempo xusto”, e parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi”.