CRTVG

Buscar

Zigzag diario

David Conde, Ledicia Costas e o Festival de Cine de San Sebastián

19/09/2016 21:00 h

Volvemos das vacacións estivais con literatura, recibimos a visita do escritor compostelán David Conde, que publica a súa primeira novela, “Hai santos que non queren ir ao ceo”, ambientada no século XIV, cando os cátaros parecían definitivamente eliminados despois de dous séculos de cruzada, pero na aldea de Montaillou, nos Pirineos, aínda quedaban uns fieis.

Presentamos unha reportaxe sobre a obra “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, coa que Ledicia Costas gañou o Premio Lazarillo de Creación Literaria e que supón unha homenaxe ás novelas de aventuras. Unha viaxe no tempo cargada de maxia e onde todo é posible. Cunha mestura de fantasía e rigor histórico, Costas recrea unha das visitas de Verne a Vigo, a cidade cuxa ría o inspirou para escribir un dos episodios de “Veinte mil leguas de viaje submarino”, unha das súas novelas máis famosas.

Tamén estaremos na primeira fin de semana do Festival de Cine de San Sebastián, que chega á súa 64ª edición. Recolleremos as primeiras impresións no certame do equipo da película “María (y los demás)”, participada pola Televisión de Galicia.

Atopar capítulo por: