CRTVG

Buscar

Bamboleo

David Civera e Xabier Díaz

03/10/2015 22:15 h

David Civera é un dos artistas convidado do programa. O cantante aragonés confésase amante da nosa terra e non perde ocasión de vir sempre que pode. Actualmente está promovendo o seu último disco, “Versión Original”, e para esta gala cantará os temas “Fue divertido” e “Solo fui tu capricho”. 

Tamén acode a Bamboleo Xabier Díaz, que canta o tema “Cantiga da montaña”. 

Os encargados de facer bailar ao público con ritmos latinos son os compoñentes da orquestra Gran Colisseum. Os temas que escolleron para animar a gala son “Loco” e “Noche de copas”. 

Na sección “A Jrileira”, dúas persoas do público bátense nun doo de karaoke coas cancións “Anduriña” e “Con un sorbito de champán”. En “Agora ou nunca”, Mar Llorente interpreta “Read all about it” de Emely Sandé e compite con Fernando Madero e o seu “Corazón” de Alejandro Fernández. Tampouco falta a “ITV do Amor” e a “Canción dedicada”.   

Atopar capítulo por: