CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Darío Xohán Cabana, cine, música e unha homenaxe a Manuel María

22/05/2016 00:45 h

“Zigzag-Eirado” recibe no estudo de gravación o escritor e académico da RAG Darío Xohán Cabana, amigo persoal de  Manuel María e experto na súa obra.
O programa falará tamén, como é habitual, de cine. En concreto da curta “Jeannette”, dirixida por Xurxo Cirro en colaboración cos alumnos do IES de A Sangriña e gravada na Guarda, que vén de ser premiada no Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín, na Arxentina. 
“Ahora sí, antes no” é unha cinta do director coreano Hong Sang-soo, galardoada en festivais coma os de Locarno ou Xixón. 
“The Tribe”, outro dos filmes dos que falará o programa, é unha produción ucraína do director Miroslav Slaboshpitsky. 
No apartado musical, o “Zigzag-Eirado” farase eco dos últimos discos de Caxade e Novedades Carminha, e do novo vídeo de Malandrómeda. O programa rematará cunha homenaxe a Manuel María. A cantante María Manuela interpretará o “Manual do señorito”, peza gravada por primeira vez no ano 1978 e que xurdiu a partires do poema “Breve manual para deprender para señorito” do libro do autor lucense “Versos para cantar en feiras e romaxes”.

Atopar capítulo por: