A vide de Cachín
D.O Ribeiro
26/01/2016 22:00 h
Vitiño visita a Bodega Casal de Armán, pertencente á Denominación de Orixe do Ribeiro e Cachín espera a visita de Eva, a examinadora do Consello Regulador, para que revise o seu viño.
Ademáis, Benigno do programa Larpeiros prepara unha sabrosa maridaxe de chinchos e pementos de Arnoia. Tamén contamos con María Mera, actriz da serie 'O Faro', que se poñerá a proba na nosa Cata a Cegas e coñeceremos que son os taninos.