Zigzag Diario
Culturgal, “Migas de Pan”, “María y los demás” e Rebeca Baceiredo
05/12/2016 21:00 h
Esta fin de semana tivo lugar a feira das industrias culturais de Galicia, Culturgal. O “ZigZag Diario” fai hoxe un repaso do evento, a través de distintas reportaxes e entrevistas. Tamén se ocupa das preestreas de “Migas de Pan” e “María y los demás”, dous filmes participados pola Televisión de Galicia.
No estudio de gravación estará a ensaísta e filósofa Rebeca Baceiredo para falar do seu último libro, “O canto da sibila”, editado por Galaxia, e que supón a primeira incursión da escritora no mundo da poesía.