CRTVG

Buscar

Oh happy day

O happy day!: 4ª gala

04/06/2015 22:00 h

Os coros propostos para abandonar o programa a semana anterior foran Sister In The House da Coruña, o Coro Encaixe de Santiago e a Coral Alecrín de Brión, e só dous deles se salvarán da criba. Ademais, o xurado tamén deberá escoller a mellor actuación da noite entre todos os participantes.

Nesta cuarta gala, o repertorio dos coros levará os espectadores por estilos moi diversos, aínda que unha das constantes serán os anos 80. Un medley de Mecano ou cancións tan coñecidas como “Sweet dreams” de Eurythmics serán interpretadas no escenario de “Oh Happy Day”. Ademais, o programa ofrecerá clásicos do soul como “Respect”, de Aretha Franklin; grandes éxitos dos 60 como “Happy Toghether”, de The Turtles, e cancións tradicionais galegas como “Meu amor mariñeiro”, de Fuxan Os Ventos.

Como en todas as galas, o xurado tamén valorará aspectos como o vestiario, a coreografía ou a posta en escena, elementos estes que cobrarán especial importancia de aquí ao final de “Oh Happy Day”. E é que os coros poñen cada vez máis traballo e esforzo neste apartado e iso repercute en que, a medida que avanzan as galas, as actuacións sexan cada vez máis espectaculares.

Atopar capítulo por: