CRTVG

Buscar

O gato con botas

Cristina Pato

06/10/2016 23:35 h

Imos ata a cidade de Ourense para pasar o día enteiro coa gaiteira galega máis internacional, Cristina Pato. Con 35 anos, Cristina acumula centos de actuacións en escenarios de Europa, Asia e América, críticas nos máis prestixiosos xornais, unha residencia en Harvard e un compromiso coa educación e as artes gabado pola mesma Michelle Obama.

Instalada desde fai unha década en Nova York, Cristina Pato recibe a Manuel Manquiña na súa casa da cidade das Burgas, a onde adoita regresar sempre que pode para estar coa súa familia. Cristina colleu a gaita e o traxe rexional de cativa e afíxose a viaxar ben cedo por toda Europa. Antes de alcanzar a maioría de idade, o seu talento xa sorprendera a propios e estraños, revolucionando o mundo da música folk de finais dos anos 90.

Coñeceremos de primeira man como foi a súa infancia ao ser a pequena de catro irmáns, os seus comezos coa gaita aos catro anos e como lembra o salón de baile que tiña seu avó, onde seu pai e seus tíos tocaban o acordeón.

Ademais, Pato presentaralle a Manquiña a súa nai e as súas irmás, contará como coñeceu o que hoxe é o seu home entre foles e aturuxos e como cambiou a súa vida desde que marchou aos Estados Unidos no ano 2003 ata agora.

Atopar capítulo por: