Zigzag diario
Cristina Pascual, “Tita” de Miguel Piñeiro e Screenly
A actriz ourensá Cristina Pascual, agora en Galicia despois de pasarse case catro anos en Chile traballando en teatro e no audiovisual, estará no “ZigZag Diario” para falar do seu traballo e futuros proxectos. Ten unha afamada traxectoria profesional e actuou en numerosas series de televisión tanto a nivel autonómico coma a nivel estatal.
Seguindo co audiovisual e as artes escénicas, fala do documental “Tita”, de Miguel Piñeiro e a súa protagonista, a mestra e pedagoga Antía Cal, que acaba de recibir unha homenaxe en Muras. Tita é unha muller que nos anos 50 escribiu unha enciclopedia en galego para os nenos e as nenas.
Zigzag tamén comenta a chegada a Galicia do proxecto "Screenly", que permite ao público escoller a película que quere ver. Screenly xa ten enventos organizados en Vigo e Compostela.