CRTVG

Buscar

Especial

Crónicas do Paraíso

28/03/2023

"..., e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.” Unha carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria.

A cuadrilla leva da man, na súa danza, a un sochantre asustado. Queren que toque para as exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición. Nestas historias mil e mil veces repetidas xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais.

Pero, que ocorrerá á noitiña? Que ocorrerá cando se durma o sochantre? É éste un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, diñeiro e sangue, pero non hai mortes nin ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido siga eternamente vivo.

Atopar capítulo por: