CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Vilagarcía de Arousa, Vigo e Toques

20/04/2021 22:30 h

En Vilagarcía de Arousa Vanesa coñecerá a Carmela e Raúl, unha parella de mozos ligados ao mundo das orquestras que comezaron a súa historia de amor en pleno confinamento. Un ano despois forman unha bonita familia coa chegada do seu Bebé. Aínda que tanto Carmela como Raúl, din levar moi ben as súas "Cousas da casa" o fogar desta parella agocha un verdadeiro "cuarto do terror" unha pequena estancia que comezou sendo un vestidor e pasou a converterse nun rocho no que se misturan todo tipo de obxectos.

No segundo caso do programa, Vanesa Travieso, coñecerá a Nati e Alba, nai e filla, que viven en Vigo, nun pequeno piso que teñen moi ordenado. O problema aquí está no armario de Alba e a culpa a ten un complemento: os bolsos! Nati é unha auténtica fan dos bolsos, tanto que aos seus 19 anos non sabe nin cantos ten nin como acadar orden no seu ateigado cuarto.

En Toques, espera pola chegada de Vanesa a profesora de maquillaxe Patricia Buján, para poñer orde nas súas ferramentas de traballo. Patricia é unha rapaza moi ordenada que vive na casa dos seus pais. O seu problema está no seu cuarto, no que convive cos seus obxectos persoais pero tamén cos seus trebellos profesionais.

Atopar capítulo por: