CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Vigo, Santiago e Poio

13/04/2021 22:30 h

No programa de hoxe, Vanesa Travieso enfrontarase en Vigo ao enorme reto de poñer orde no armario de Belén Moldes, actriz, "modelo curvi" e instagramer de moda. A presión de Belén para lucir sempre á última nas redes sociais tradúcese nun cuarto cheo de roupa ata aos topes.

Mentres, en Santiago de Compostela, Mar Ordiedes espera pola axuda de Vanesa. Mar e a súa nai pasaron recentemente dunha casa grande a un piso pequeno onde teñen que compartir o cuarto de baño e precisan axuda profesional para lograr equilibrio entre as cousas da nai, que ocupan todo os mobles, e as da filla, que continúan nun pequeno neceser.

O terceiro reto para Vanesa, está en Poio, no estudo dunha pintora abstracta moi creativa pero tamén caótica. Lúa Gándara precisa axuda profesional para facer do seu obradoiro un espazo agradable e inspirador que sexa ademais menos atractivo para os bechos. 

Atopar capítulo por: