Cousas da casa
En Viana do Bolo, Pontevedra e Cospeito
No programa de hoxe, Vanesa Travieso pon rumbo a Viana do Bolo, para organizar unha despensa á que non lle falta nada... A trastenda da cociña de Eliana Murias, contén obxectos do máis inesperados que achegarán a Vanesa á realidade da Galicia rural.
O segundo reto do programa levará á nosa experta en orde ata Pontevedra para enfrontarse a un vestidor repletiño ata os topes, o de David Cores, un perruqueiro cun estilo moi persoal e cun amor desmesurado polos zapatos e as camisetas negras. Vanesa terá que negociar duramente con David, para convencelo de que precisa desprenderse da metade das súas prendas se quere sacar mellor partido ao seu armario.
En Cospeito, será onde Vanesa Travieso diversificará o seu traballo. A organizadora porá orde na oficina de Elio López, un gandeiro moderno, que emprega a tecnoloxía para o benestar das súas vacas e becerros. Elio, intentará implicar a Vanesa no seu traballo facendo que esta interactúe moi de cerca cos animais