Cousas da casa
Na Coruña, Ribeira e Fene
Vanesa Travieso ten tres grandes retos por diante. Viaxa ata o centro da Coruña para coñecer a unha familia numerosa. Santiago e Sara teñen cinco fillos, de entre 2 e 5 anos. A súa casa está moi ben organizada e ordenada, pero necesitan axuda no rocho de 20 metros. Despois de mercar o piso no que viven e de reformalo, acumulan moitas cousas, dende o material de obra ata as bicicletas e roupa de toda a familia. Para poder realizar o traballo, Vanesa terá que desfacerse da metade do que teñen e enfrontarse a un gran reto de organización.
A segunda familia á que vai axudar a nosa organizadora profesional vive en Ribeira. Jose quere darlle unha sorpresa á súa parella Mónica, arranxándolle ao cuarto do piso que empregan para meter de todo. Anos e anos acumulando cousas e agora non é funcional. Vanesa traballará duramente con Jose para deixar un cuarto espectacular, no que gardar o que necesitan e atopar o que teñen de xeito sinxelo.
E por último, viaxamos ata Fene para coñecer a Iria e Miguel, unha parella nova, que vén de mercar un piso e comezar o seu proxecto de vida en común. Ela é terapeuta ocupacional e el está preparando oposicións para Profesor de Bioloxía. Pedíronnos axuda para converter o cuarto que empregan para todo na habitación para que el poida estudar. Un programa no que Vanesa traballará duramente coas familia para conseguir os mellores resultados posibles.