CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Vigo, Vimianzo e Ribeira

08/06/2021 22:30 h

No programa de hoxe, Vanesa Travieso viaxa ata Vigo para axudar á familia de Txema, peixeiro no Mercado de Teis. Ten dous fillos: David, de 13 anos e Ana, de 20. Irmáns de mesmo pai, pero distinta nai. O problema é que dende que foi a vivir con eles a sogra de Txema, os nenos comparten habitación, con todos os problemas de espazo e intimidade que esta situación produce. Vanesa vai á casa desta familia co obxectivo de mellorar a convivencia entre irmáns, axúdandolles a ter máis espazo para cada un e dándolles consellos moi útiles.

A segunda familia é a de Cristina, que vive nunha casa en Vimianzo xunto ao seu marido e os seus tres fillos. O seu salón converteuse nunha especie de parque infantil, no que non se pode nin xogar nin desfrutar en familia. A cantidade de xoguetes desbordou a estancia e Cristina non pode máis. Vanesa vai á súa casa co obxectivo de que o salón sexa un espazo agradable para a familia, cunha parte dedicada aos nenos, cos seus xoguetes perfectamente organizados.

E por último, viaxamos ata Ribeira onde Vanesa coñece a Carmela. Muller de mariñeiro apaixonada coa súa vida de ama de casa. O seu marido vén de xubilarse e quere darlle una sorpresa: un espazo para bricolaxe no rocho. Un proxecto pendente ao que xa lle chegou o seu momento. Vanesa cumprirá o desexo deste matrimonio, que comeza una nova vida despois de tantos anos separados polo mar.

Atopar capítulo por: