CRTVG

Buscar

Cousas da casa

No Irixo, Camariñas e Pontevedra

25/05/2021 23:30 h

O primeiro caso do programa de hoxe, transcorre no Irixo (Ourense) na casa labrega de Juan Villanueva, un gandeiro moderno aficionado a actuación que non adica nin un minuto ao seu dormitorio.

En Camariñas, o caso será moi diferente. Alí coñecerá a Beatriz Dios unha mestra que leva 20 anos na ensinanza do encaixe de Camariñas. A súa casa está perfecta pero no baixo onde da clases ten case, case un museo da súa historia familiar.

A derradeira parada do percorrido de Vanesa Travieso, achéganos ata Pontevedra, onde a espera a Familia González, unha familia numerosa con tres fillos pequenos que gozan de liberdade no seu cuarto de xogos. 

Atopar capítulo por: