CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Baiona, Dumbría e Santiago

15/06/2021 22:30 h

Hoxe en "Cousas da Casa", a experta en orde Vanesa Travieso terá que afrontar tres novos retos. O primeiro caso, levarános ata Baiona para coñecer a Chiti, unha coñecida de Vanesa, que ao ver o programa na TVG decidiu chamar para participar. Admite que o seu gran problema é a desorde, aínda que recoñece que é feliz dentro do seu caos. Pediu axuda porque ten o armario desbordado. Demasiada roupa e moi desordenada. A nosa organizadora profesional enfrontarase a unha xornada, na que intentará convencer a Chiti de que a vida é moito máis agradable con menos cousas e rodeada de orde.

En Dumbría, Vanesa coñecerá a Luis e a Jose, que comparten vestidor na súa casa de Dumbría. Luis é vendedor de seguros e emprega traxe e garavata todos os dias. En cambio, Jose traballa na casa con roupa moito máis informal. Ao coñecer o vestidor, Vanesa dubida de se poderá co caso ou non, pola cantidade de roupa e pola falta de entendemento, sobre todo con Luis, sobre a necesidade de descarte para poder ordenar.

A última parada da "coach da orde" será en Santiago onde a espera Laura Benavente, nai de dous fillos. Noé, de dous meses, tívo como nai solteira por elección. Pediu a axuda de Vanesa porque comparte habitación co bebé e necesita organizala para que sexa máis funcional. Unha vez máis, Vanesa convencerá aos protagonistas de que poñer orden nas "Cousas da Casa" conseguirá encher o seu fogar de enerxía positiva e deixará espazo para que outros obxetos marabillosos poidan entrar nas súas vidas.

Atopar capítulo por: