Cousas da casa
En Gondomar, Soutelo de Montes e A Guarda
O primeiro caso levaranos ata Gondomar para coñecer á Familia Gómez. Unha parella que vive con dúas fillas nunha mini casa de 40 metros cadrados. A nai da familia, Begoña, vive agobiada pola falta de espazo, sobre todo na habitación das nenas.
En Soutelo de Montes, Forcarei, Vanesa coñece a Saro Barroso e aos seus amigos, que xuntos desfrutan cada semana dun local social, no que cociñan, comen e xogan a partida. Un lugar no que necesitan orde de xeito urxente. Vanesa terá de armarse de paciencia porque o grupo de homes xubilados non llo porá nada sinxelo.
A última parada da "coach da orde" será en A Guarda onde a espera Tere Conde, funeraria e nai de dous fillos. Tere admite que é compradora compulsiva e ten o armario da súa habitación sen portas pola cantidade de roupa. Unha xornada complicada para as dúas, na que á protagonista custaralle entender que non pode seguir vivindo así.