CRTVG

Buscar

Cousas da casa

En Ponteareas, Moaña e Barbadás

18/05/2021 22:30 h

En Ponteareas, Vanesa coñecerá a Aarón e a Vanesa, que viven co fillo dela, Nico de 8 anos, nun piso pequeno. Teñen pouco espazo para a convivencia, pero o que lles supón un problema cotiá é o baño, que está desbordado de produtos de Vanesa, que é esteticista. A nosa organizadora profesional enfróntase ao difícil reto de descartar coa protagonista e crear espazo para as cousas de Aarón e Nico.

Na segundo caso do programa, Vanesa vai ata Moaña para axudar aos compoñentes da Comparsa “Cada un que se Safe” a organizar o seu local de Ensaio. Levan 14 anos acumulando disfraces e complementos do Entroido nun cuarto, no que xa non se pode nin entrar. Vanesa Travieso necesitará todos os seus coñecementos e habilidades para poñer orde.

En Barbadás, esperan pola chegada de Vanesa, Luzía e Manu, unha parella nova, adestradores persoais. Viven nunha casa antiga, que teñen moi ben organizada, pero o problema está na cociña, vella e con demasiadas cousas. Todo mesturado e con difícil acceso para o día a día. Outro reto con difíciles obstáculos, que porán a proba á nosa coach. Unha vez máis, Vanesa convencerá aos protagonistas de que poñer orde nas "Cousas da Casa" conseguirá encher o seu fogar de enerxía positiva e deixará espazo para que outros obxectos marabillosos poidan entrar nas súas vidas.

Atopar capítulo por: