Estache bo!
Costeleta de tenreira galega con allos tenros e patacas 'de luxe'
Ingredientes:
• 1 COSTELETA DE TENREIRA (1KG) • 1 MADA DE ALLOS TENROS • 3 PATACAS MEDIANAS • 1 CULLERIÑA DE OUREGO • 1 CULLERIÑA DE ALLO EN PO • 1 CULLERIÑA DE TOMIÑO • 1 CULLERIÑA DE PEMENTO DOCE • 2 CULLERIÑAS DE PAN RELADO • 1 TOMATE • 6 COGOMBRIÑOS • 1 CEBOLA • AOVE • SAL EN ESCAMAS
Elaboración: Cocemos as patacas e cortámolas en cuarteiróns. Nun cunco mesturamos unha cullerada de pan relado, unha culleriña de allo en po, unha culleriña de ourego, unha culleriña de tomiño e unha culleriña de pemento picante. De seguido mesturamos coas patacas. Friximos lixeiramente os allos tenros e incorporámolos ás patacas xunto con dúas culleradas do seu aceite. Enfornámolos 15 minutos a 220 graos. Marcamos a costeleta nunha grella e metémola no forno durante 12 minutos a 220 graos. Empratamos cunha ensalada e unhas areas de sal, e listo para comer...!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Cambre, A Coruña, a Jaime Vilasoa, o responsable da empresa Os Biosbardos, quen nos falará do produto estrela de hoxe: os allos tenros.